Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 25/07/2022 | Actualizada ás 17:36
O Concello da Coruña converteuse no primeiro municipio do Estado en poñer en marcha a elaboración dun Plan de Igualdade no Deporte. A iniciativa xurdiu do debate iniciado pola Comisión de Igualdade creada por decisión do Consello Municipal do Deporte e que está presidido pola alcaldesa, Inés Rey.
A partir de setembro, comezará a traballarse en profundidade nas bases deste regulamento coa idea de facer un diagnóstico cualitativo e cuantitativo da situación das mulleres no deporte coruñés. Desde a Concellaría de Deportes, que dirixe Mónica Martínez, pediron a "máxima colaboración de todas as entidades e clubs relacionados co deporte".
"A pesar dos avances, o campo deportivo continúa sendo un dos que conta con maior brecha de xénero. Isto pódese ver non só no número de equipos e deportistas femininas, senón tamén na súa pouca presenza en estamentos técnicos, arbitrais e de xestión", dixo a alcaldesa, Inés Rey.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.