Miñones pide a Rueda "seguir sumando"

Destaca o "compromiso directo" do Goberno español con Galicia.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/08/2022 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno de España en Galicia, José Miñones, pediu este luns ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que "siga sumando", porque "o diálogo sempre é a mellor base", á vez que recalcou o "compromiso directo" que ten o Executivo estatal con Galicia.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones | Fonte: DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA.

Así respondeu Miñones ás palabras do titular da Xunta e líder do PP galego o sábado, cando dixo que estaría "vixiante" respecto das promesas do Estado en materias como os proxectos e o futuro de Altri e Stellantis, entre outros.

Neste contexto, o delegado do Goberno reclamou "seguir sumando", pero afirmou que "Galicia está moi cuberta por esta Delegación do Goberno" que el mesmo dirixe. Non en balde, tamén subliñou o "compromiso directo" do Executivo central e do seu presidente, Pedro Sánchez, "demostrado non con palabras, senón con feitos".

Ademais, lembrou as "cifras históricas" que hai de investimento en Galicia, que en 2023 recibirá máis de 9.400 millóns de euros do sistema de financiamento autonómico, un 24% máis que este ano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta