Jácome promete unha "piscina infinda" para o barrio ourensán de Covadonga

É o nome que se lle dá en inglés ás piscinas que parecen non ter fin por un efecto óptico.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2022 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, inaugurou este xoves as obras de mellora de firmes e beirarrúas no barrio de Covadonga, que executou o Concello cun investimento de 420.000 euros, e garantiu que contará cunha "piscina infinita" cuxo proxecto se redactará no outono. É o nome que se lle dá en inglés ás piscinas que parecen non ter fin por un efecto óptico.

Os traballos consistiron na rehabilitación do firme da estrada "que se atopaba moi deteriorado" e a mellora e ampliación das beirarrúas ata un ancho mínimo de 1.80 metros para favorecer a accesibilidade e a seguridade viaria para os peóns.

Así mesmo realizouse unha reordenación do tráfico, cambiáronse emprazamentos de paradas de autobús urbano e executouse a renovación da rede de rede de sumidoiros e conexión de augas pluviais. "Clamaba ao ceo que non se acometeu esta obra, os veciños quedaron moi contentos", resumiu o rexedor municipal a pé de obra, acompañado pola empresa encargada da execución nunha superficie de 8.600 metros cadrados.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, inaugura obras no barrio de Covadonga.. CONCELLO DE OURENSE
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, inaugura obras no barrio de Covadonga.. CONCELLO DE OURENSE | Fonte: Europa Press

PISCINA INFINDA

Ademais o alcalde aproveitou a visita para anunciar unha "piscina infinita" no barrio de Covadonga, algo que prometeu a comezos do seu mandato e que agora asegurou que se trata de "unha promesa que se vai a cumprir".

"Será unha piscina infinita porque a auga vai parecer que é continua, que se está reciclando, e ademais vai acabar practicamente nun miradoiro", relatou.

Tamén engadiu que "se vai a ver todo o val de Ourense cunha vista preciosa", adiantando que o proxecto se redactará este outono e que espera licitalo o ano que vén, pero "o diñeiro xa está reservado para que o arquitecto faga o proxecto".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta