Trasladan a un bañista que sufriu unha indisposición nunha praia do Grove

O home tivo que ser evacuado dende o areal da Lanzada a un hospital.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2022 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

Un home tivo que ser derivado ao hospital en ambulancia tras sufrir unha indisposición cando se bañaba no mar na praia da Lanzada, no municipio pontevedrés do Grove. Segundo informan a Europa Press fontes dos servizos de emerxencias, ocorreu sobre as 13,00 horas deste sábado no citado areal, desde onde o 112 recibiu chamadas para alertar dun home que se atopaba mal.

Seguidamente, a central de emerxencias pasou o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata a praia un helicóptero medicalizado e unha ambulancia cun médico da PAC do Grove. Os profesionais asistíronlle no propio lugar dos feitos e finalmente foi trasladado pola ambulancia ata o Hospital do Salnés.

Ambulancia do 061 / Europa Press / Europa Press
Ambulancia do 061 / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta