A Xunta manobra para adxudicar as prazas "de difícil cobertura" no Sergas

Permitirá acceder a elas por concurso de méritos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2022 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia iniciou a tramitación da normativa que estenderá a provisión por concurso de méritos ás prazas de difícil cobertura do Servizo Galego de Saúde (Sergas) en prazas atención primaria, hospitais comarcais e saúde mental. Sindicatos e traballadores denuncian dende hai anos que a problemática destas prazas está na dureza do traballo requerido e as malas condicións que ofrecen as distintas xerencias dependentes do Sergas. 

Así, publicou no Portal de Transparencia e Goberno Aberto o denominado Anteproxecto de Lei de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en Ciencias da Saúde do Servizo Galego de Saúde.

Tal como explicou o Executivo autonómico nun comunicado, a tramitación desta norma realízase con carácter de urxencia, habilitando un prazo de sete días hábiles para a presentación de sugestiones. A idea é apurar o trámite desta normativa para resolver "cando antes" as necesidades organizativas actuais e garantir a continuidade asistencial e a calidade dos servizos sanitarios.

"A necesidade de dotar de máis recursos humanos e cubrir prazas vacantes en zonas de difícil cobertura da Comunidade motivou que a Xunta impulsase esta medida lexislativa, coa que pretende paliar en parte o déficit de médicos e profesionais sanitarios, unha situación que afecta a todas a comunidade autónomas nestes momentos mentres continúa o incumprimento dos compromisos da reforma da lexislación estatal", lamentou o Goberno galego.

Esta nova lei pretende ampliar a convocatoria máis aló da atención primaria, que xa en 2022 cubriu máis de 100 postos desta forma, estendéndose tamén ás especialidades máis difíciles de cubrir en hospitais comarcais (como traumatólogos, radiólogos ou internistas) e en saúde mental. As persoas elixidas terán que permanecer un mínimo de dous anos no posto adxudicado.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, xunto coa xerenta do Sergas, Estrella López-Pardo /  Xunta de Galicia / Europa Press
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, xunto coa xerenta do Sergas, Estrella López-Pardo / Xunta de Galicia / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta