A Assemblea Nacional Catalana-Galiza quere axudar a “unha revolución tranquila” en Cataluña

Os impulsores din que é “unha entidade que nace da sociedade civil catalá independente de calquera partido político” e que “loita pola independencia e a emancipación da nación catalá dun xeito pacífico e democrático”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/09/2014 | Actualizada ás 09:15

Comparte esta noticia

A pasada semana constituíase oficialmente a Assemblea Nacional Catalana (ANC)-Galiza. Formada na súa maior parte por cataláns e catalás de orixe que viven e traballan no país, tamén conta tamén con integrantes galegos e galegas que coñecen a realidade catalá por viviren naquelas terras logo de moitos anos de emigración. 

Presentación da Assemblea Nacional Catalana-Galiza
Presentación da Assemblea Nacional Catalana-Galiza

O seu obxectivo é axudar a “unha revolución tranquila”. Precisamente, foi Pere Tobaruela, coordinador da ANC-Galiza, quen puxo como  exemplo o recente libro do xornalista Andreu Barnils sobre Carme Forcadell, La revolució  tranquila, para explicar que “nós, todos os cidadáns de Catalunya, o que pretendemos é facer unha  revolución democrática e pacífica”.

Ademais, explicou, que a creación desta asemblea exterior no  noso país ten como obxectivo “transmitir os valores da democracia participativa”. No mesmo sentido se pronunciou a secretaria da ANC-Galiza, Susana Montesinos, que explicou que “é unha entidade que

nace da sociedade civil catalá”, explicou, “independente de calquera partido político, loita pola

independencia e a emancipación da nación catalá dun xeito pacífico e democrático”. 

Montesinos  sinalou que na actualidade a ANC conta coas asembleas exteriores en 26 países, algúns deles ben  afastados como China, USA, Nova Zelanda ou Arxentina, e que agora chega tamén na Galiza “coa  intención de difundir o proceso a nivel internacional”.

Carme García, membro tamén da ANC-Galiza, quixo convidar a participar nos actos que terán lugar en Barcelona e tamén en Compostela pola Diada, a festa nacional catalá. “O 11 de setembro vai ser clave e aqui tamén queremos pedir que se escoite a voz da xente, as leis teñen que estar ao servizo da cidadanía e convidamos á xente a que participe”. Lembrou a convocatoria para realizar unha V o vindeiro 11 de setembro ás 19 horas na Praza da Quintana e asegurou que “até o 9-N organizaremos máis actos para dar a coñecer o proceso na Galiza”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Silvinha

Moi ben, amigos: así se escribe unha nova sobre ANC-Galiza sen citar a existencia da plataforma Galiza con Catalunya nen cando se refire expresamente o acto que ela mesma convoca, que é ao que están chamando os da ANC a participar. Xa que vós non a dades, terémola que dar as lectoras: http://www.galizaconcatalunya.org/