Detido o xerente dun establecemento do Milladoiro por vender roupa de imitación

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2022 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

A Patrulla de Fiscal e Fronteiras da Garda Civil de Noia detivo ao xerente dun establecemento do Milladoiro, no municipio coruñés de Ames, por, supostamente, vender roupa que reproducía ou imitaba algunhas marcas. Por estes feitos, acúsaselle dun delito contra a propiedade industrial.

Nun comunicado, a Garda Civil relatou que os feitos se destaparon por mor dunha denuncia que interpuxo unha empresa con sede en Majadahonda (Madrid).

Segundo o Instituto Armado, a acusación denunciou que o establecemento do Milladoiro vendeu produtos que reproducen ou imitan algunhas marcas, das que a titularidade correspondía ao establecemento que representa a empresa denunciante.

Pezas de roupa que a Garda Civil interviu no rexistro dun esteblecimento do Milladoiro por un suposto delito contra a propiedade industrial. GARDA CIVIL
Pezas de roupa que a Garda Civil interviu no rexistro dun esteblecimento do Milladoiro por un suposto delito contra a propiedade industrial. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta