O sector lácteo sofre a seca con menos forraxe e caída da produción

Súmase á suba no custo de alimentación, de cereais e do combustible.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/08/2022 | Actualizada ás 16:15

Comparte esta noticia

A seca deixa xa as súas consecuencias no sector lácteo, que constata unha diminución da produción, tamén vinculada coa "menor dispoñibilidade de forraxe". Así o trasladou a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba, quen ratificou que "a seca provoca que haxa menos dispoñibilidade de forraxe, ao que hai engadir que nos últimos tempos houbo unha suba moi grande en todo o custo de alimentación, de cereais ou no transporte co combustible".

Lácteos, leite, vacas
Lácteos, leite, vacas | Fonte: XUNTA - Arquivo.

Vilalba tamén referendou que esta situación está a obrigar aos gandeiros a que teñan que "sacrificar" antes os seus animais "por unha menor dispoñibilidade de alimentos".

"As vacas, en producións grandes, precisan dunha inxesta maior de materia seca, de proteína e ao reducirse parte deses concentrados redúcese a produción", advertiu.

En definitiva, a dirixente agraria resumiu que "hai unha redución global da produción", unha circunstancia que vincula tamén á redución de explotacións lácteas.

CRÍTICAS Á ORDE DE AXUDAS

Polo demais, Isabel Vilalba criticou a orde de axudas ao sector da carne pola suba dos custos de produción e así sostén que "non se lles dá axudas polos animais que crían e o mesmo pasa co ovino e caprino".

"Ou se ten un número moi alto de animais ou se buscan criterios que favorecen os cebadeiros", subliñou.

Desas axudas, constata a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego que "as granxas tradicionais en Galicia déixanse fóra porque non teñen un número de animais que marca o tope ou se buscan subterfuxios na aplicación das axudas".

"Das axudas á carne que se sacaron agora polos custos de produción, páganse os animais criados en cebadeiros e non se pagan os criados en explotacións tradicionais", reprobou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta