Óscar Pose, responsable do sector lácteo en Unións Agrarias, asegura que "a falta de estabilidade é algo que está lastrando ao sector, pois os donos de explotacións ou os que queiran crealas de cero non poden invertir ou quedar nun sector que non é rentable, que aínda que o é agora, non se sabe se o seguirá sendo dentro de dous ou tres meses".
  comenta   0
A esta liña de incentivos, hai que engadir as axudas destinadas á adquisición e instalación de valos fixos e as que teñen como obxecto a compra e mantemento de cans protectores, a adquisición de pastores eléctricos e a colocación de cercas con malla.
  comenta   0
O conselleiro de Medio Rural, José González, acompañado polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo unha reunión co presidente da Interprofesional Láctea (Inlac), Daniel Ferreiro.
  comenta   0
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, defende que, desde que se detectaron os primeiros focos en España, deuse "toda a información" a servizos provinciais de gandaría.
  comenta   0
O Ministerio de Agricultura manterá un "seguimento constante" da situación dos mercados exteriores ante as incertezas do contexto xeopolítico actual.
  comenta   0
Agricultores e gandeiros temen que se os episodios de calor como os dos primeiros días de outubro sexan máis frecuentes e prolongados. O perigo detrás dunhas temperaturas elevadas estaría na aparición de novas pragas que afectarían tanto a cultivos como animais. Isto traería parello ademais a suba nos custos de produción que poderían tamén superar amplamente os ingresos de gandeiros e agricultores.
  comenta   0
"Case un 20% da superficie agraria que podía beneficiarse destes fondos non o fará polas dificultades rexistradas ao non contar con servizos de asesoramento especializados", indica o sindicato agrario.
  comenta   0
A Federación Rural Galega lembra que nos últimos meses rexistráronse casos desta enfermidade na comunidade veciña de Castela e León polo que mostrou a súa "preocupación" polo "deixamento" de Medio Rural.
  comenta   0
As organizacións agrarias confrontan a Consellería de Medio Rural acusándoa de telas abandonadas fronte a proliferación da lingua azul en Galicia. De momento o sur de Lugo, as provincias de Ourense e Pontevedra son os lugares onde se estaría aplicando a vacina contra a doenza. Grupos de produtores apuntan á Xunta como responsable dunhas campañas de vacinación nefastas que lles están facendo perder poder adquisitivo.
  comenta   0
A caza foi a principal arma que usou o Goberno galego para o control da especie, xa que tamén contribuía a calmar os ánimos dos gandeiros, pero foi usada de maneira errónea. Matar lobos non diminúe os ataques ao gando. Cantos máis lobos se maten máis aumentan os danos á gandaría, xa que non se ten en conta a xerarquía da manda para realizar as cazarías.
  comenta   0
O conselleiro cántabro de Gandaría, Pablo Palencia, quere reunir tras o verán aos seus homólogos de Galicia, Asturias e Castela e León para facer unha "posta ao día" conxunta sobre o problema do lobo, a xestión da especie e seguir reclamando ao Goberno central a saída da especie da Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (LESPRE), que é unha "prioridade absoluta".
  comenta   0
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a resolución da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias coas 79 empresas beneficiarias das axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios.
  comenta   0
O Sindicato Labrego Galego volveu a reiterar a Medio Rural a súa petición dunha reunión "urxente" para abordar a "problemática" desta vacina por supostos "efectos adversos" detectados nalgunhas reses.
  comenta   0
A secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba, pediu unha reunión coa Consellería de Medio Rural debido a que a vacina provoca "mortes e dan lugar á momificación de fetos, abortos e infertilidade".
  comenta   0
Pon o exemplo de que hai uns meses comprar un camión de palla custaba ao redor de 1.200 euros, pero a escaseza provocada pola seca sitúa actualmente o prezo nos 2.600 euros.
  comenta   0
O conselleiro José González censurou que dicir que "en 2022" a Xunta non deu "ningunha axuda" supón "un descoñecemento propio de alguén que naquel momento non estaba encima destas cousas".
  comenta   0
As medidas de contención sobre os prezos como retirar ou baixar o IVE en determinados produtos realmente funcionan? Tanto os sectores produtivos, sectores terciarios e os consumidores cuestionan a eficiencia real destas solucións aportadas polo Goberno central. O incremento de prezos dentro da cadea de distribución está facendo moi difícil poder encher a cesta da compra.
  comenta   1
Unións Agrarias (UUAA) presentará, nos rexistros da Xunta, unha solicitude de rectificación da listaxe do 2021 para que poidan optar ás axudas que a nova Política Agraria Común prevé para zonas con alta incidencia de danos na gandaría
  comenta   0
Mentres todos os custos de produción se multiplican, os prezos que perciben gandeiras e agricultores en orixe apenas soben, unha situación que avoca moitas delas ao peche.
  comenta   0
A Xunta recoñece o esforzo de Craega a prol do coidado do medio ambiente a través do control e certificación das producións da agricultura ecolóxica.
  comenta   0
Un estudo feito nos montes galegos demostra que onde hai équidos silvestres apenas se depredan animais de granxas, xa que os cabalos son a presa preferida dos lobos.
  comenta   0
Destaca o aumento das oleaxinosas, fundamentalmente xirasol e colza, cuxa superficie declarada aumenta case un 40% respecto de 2021.
  comenta   0
UU.AA. espera que a partir da próxima semana "ningún matadoiro nin cadea de distribución pague menos de 6,20 euros kg/canle"
  comenta   0
Os sindicatos botan en falta unha regulación "máis rigorosa" e "medidas que realmente" liguen o obxectivo de alcanzar un prezo que cubra os custos de produción e remunere o traballo.
  comenta   0
“Todo o mundo sabe como se produce a carne barata. Os holandeses e os alemáns hai moito tempo que sofren as consecuencias, por iso agora veñen aquí e andan cebando porcos....", din desde o MEL. O SLG corrobora a implantacion dun novo modelo gandeiro lesivo, mentres que ADEGAL asegura que "cada vez se están facendo mellor as cousas".
  comenta   0
Están os poderes políticos e administrativos a colaborar con entidades privadas para a desaparición do monte común?. Hai interese en borrar da memoria a pegada histórica do aproveitamento comunal do monte?. Nesta reportaxe tentamos averigualo.
  comenta   0
A organización agraria pediu que sexan "repensadas" algunhas das reformas previstas "mentres o escenario internacional non sexa máis estable".
  comenta   0
Néstor Rego pon en valor as explotacións gandeiras extensivas en Galicia como unha ferramenta "contra o despoboamento" e a conservación dos ecosistemas.
  comenta   0
Os expertos convocados pola Xunta esperan que a situación mellore a partir do mes de marzo e coa chegada da primavera, dado que as previsións non apuntan a que o resta de febreiro vaia a ser chuvioso, coa excepción do próximo domingo.
  comenta   0