Denuncian que 40 vacas dunha granxa en Manzaneda serán sacrificadas a pesar de dar negativo en tuberculose

A Xunta marcou este luns aos animais a pesar das protestas dos gandeiros a semana pasada.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 19/03/2024 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

Persoal veterinario da Consellería do Medior Rural procedeu a marcar este luns a 40 vacas dunha explotación de Manzaneda para o seu sacrificio por tuberculose bovina, segundo informa o Sindicato Labrego Galego (SLG). Esta acción foi paralizada a pasada semana pola protesta duns 200 gandeiros na aldea de Palleirós, en Manzaneda, convocados polo SLG, que denuncia a "absoluta indefensión" desta granxa e require que se volva a facer probas aos animais que deron negativo.

Segundo denuncia o Sindicato Labrego, despois de que algúns exemplares desen positivo en tuberculose na explotación, a Consellería de Medio Rural prevé sacrificar a outras 40 vacas que "ata o momento sempre deron negativo nos controis de tuberculoses". Expón que este baleirado sanitario suporá perdas de 30.000 euros para a explotación e tardará máis de dous anos en empezar a producir.

O Sindicato Labrego critica que o conselleiro do Medio Rural, José González, "segue desaparecido" e urxe unha reunión con este departamento. Insta a unha revisión da catalogación da prevalencia cero de tuberculose bovina en Galicia.

Respecto diso, a Consellería de Medio Rural traslada a Europa Press que "o sacrificio obrigatorio" dos animais da explotación afectada determínase "tras a confirmación laboratorial da existencia de tuberculose bovina nela, co que se busca atallar o foco da enfermidade para así poder dar unha viabilidade futura á explotación afectada e protexer ás restantes explotacións libres de Galicia".

Protesta de gandeiros en Mazaneda polo sacrificio de vacas nunha granxa. SLG
Protesta de gandeiros en Mazaneda polo sacrificio de vacas nunha granxa. SLG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta