Unha decena de asociacións de criadores reciben 220.000 euros para o fomento de razas autóctonas galegas

Os obxectivos que se perseguen con esta convocatoria son conseguir unha explotación sustentable dos recursos autóctonos e o mantemento da súa rendibilidade; a recuperación da variabilidade xenética das razas autóctonas de Galicia, así como a súa potenciación de ser o caso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2024 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publica este luns a resolución pola que se conceden as axudas para o fomento das razas autóctonas galegas. En total, o Goberno autonómico concedeu 220.000 euros a dez asociacións de criadores. Tal e como detallou a Xunta, as beneficiarias destas achegas son as organizacións ou asociacións de criadores das razas autóctonas galegas, recoñecidas oficialmente pola Comunidade para a xestión do libro xenealóxico no marco do Programa de cría da raza correspondente.

O investimento total procede dos orzamentos xerais tanto da Xunta, como do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA). No marco destas achegas, son subvencionables a creación ou mantemento dos libros xenealóxicos e as actuacións que se deriven do desenvolvemento do programa de cría oficialmente aprobado para a raza.

Os obxectivos que se perseguen con esta convocatoria son conseguir unha explotación sustentable dos recursos autóctonos e o mantemento da súa rendibilidade; a recuperación da variabilidade xenética das razas autóctonas de Galicia, así como a súa potenciación de ser o caso; as diversificacións das actividades económicas no medio rural e favorecer a fixación de rendas complementarias a través da produción con estas razas; o aproveitamento dos recursos naturais e o apoio e difusión da mellora xenética destas razas.

Vaca de raza rubia galega co seu cuxo
Vaca de raza rubia galega co seu cuxo | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta