Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/08/2022 | Actualizada ás 18:55
Tanxugueiras logrou o número 1 de vendas en tendas físicas co seu terceiro álbum 'Diluvio', co que está a percorrer a península ibérica na xira 'Midas', de presentación do mesmo.
Segundo informan, o disco, publicado o pasado 29 de xullo, situouse como "o máis vendido en tendas físicas na semana do seu lanzamento, quedando por enriba de nomes como Beyoncé ou Harry Styles".
O dato, facilitado por GFK e Promusicae (Produtores de Música de España), "dá boa conta da boa acollida que recibiu entre o público este novo traballo". No cómputo global de vendas físicas e dixitais, 'Diluvio' ocupa a cuarta posición.
O seu terceiro traballo discográfico é un álbum conceptual editado por Calaverita Records e que propón romper co establecido para "volver aprender".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.