Por GC Tendencias | Santiago | 10/09/2014 | Actualizada ás 21:22
O teclista Tyrone Downie uníuse nos anos 70 ós Wailers de Bob Marley, facendo o seu debut no disco “Rastaman Vibration”. Tamén tocou con The Abyssinians, Beenie Man, Black Uhuru, Buju Banton, Peter Tosh, Junior Reid, Tom Tom Club, Ian Dury, Burning Spear, Steel Pulse, Alpha Blondy, Tiken Jah Fakoly o Sly & Robbie.
Pola súa banda, a guitarra de Al Anderson acompañou nas súas xiras polo mundo a Bob Marley, dende 1975 ata 1980, participando tamén nos seu disco Live ou nas sesións do Natty Dread. A súa carreira continuou á alza a carón de artistas tan salientables coma Peter Tosh, Lauryn Hill o Ben Harper.
Pero non só a fama dos Original Wailers ven dada pola súa relación con Bob Marley. A banda recibiu fai un ano a nominación a un premio Grammy polo seu disco “Miracle” na categoría de mellor álbum de reggae.
Nos seus concertos o espectador pode facer un flashback imaxinario ós ambientes de Kingston, a capital mundial do reggae. Por si esto fora pouco, o repertorio dos Original Wailers baséase nos hits mundialmente coñecidos de Marley -na Capitol non faltarán himnos da categoría de “I Shot The Sheriff”, “Natural Mystic”, “Soul Rebel”, “Concrete Jungle”, “Is this Love”, “Kinky Reggae” o “Jammin”- e a lista pode seguer e seguer até o infinito.
Imprescindible cita para os amantes e as amantes do baile e a boa onda que inspira esta música de raiz quente, chea de cores e matices, que incita a pensar na natureza ou na paz mentras se goza dos praceres do cánabo.
A cita esta noite na sala Capitol, aínda quedan entrada, nos seguintes puntos de venda:
Santiago DC: A Reixa Tenda, Miranda, Taquilla Teatro Principal (Martes a Sábado de 18:00 a 20:00 h)
Vigo: Elepé
A Coruña: Portobello
Ourense: Peggy Records
Red Ticketmaster: Halcón Viajes, Carrefour, FNAC
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.