O PSdeG pide á Xunta que "se remangue" cos incendios e a seca

Valentín González Formoso di que "xa pasou un período de cortesía" desde a investidura de Alfonso Rueda.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/08/2022 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, pediu á Xunta que "se remangue" e tome medidas en relación aos incendios e á seca. Na LX edición da 'Festa do Polbo' do Carballiño, o líder dos socialistas galegos cre que "xa pasou un período de cortesía" desde a investidura de Alfonso Rueda como presidente da Xunta e agora é tempo de que "se remangue" para tomar medidas en dous ámbitos que "preocupan á sociedade".

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso | Fonte: PSdeG.

Respecto dos incendios, Formoso insistiu en que os socialistas comprenden que o lume "non entende de cores políticas". Por iso, asegurou, non realizarán "a imaxe de Feijóo collendo unha mangueiriña en zapatos casteláns para apagar o lume só por populismo".

En todo caso, reivindicou que o PSdeG "demostrou altura de miras" con "intención de consenso" ao pór enriba da mesa "máis de 100 medidas", das cales, criticou, "ningunha levou a cabo".

En relación á seca, demandou ao Goberno galego que "tome a batuta e non se agoche" como, na súa opinión, fixo "cos socorristas ou cos incendios dicindo que é culpa dos concellos". "Agora a seca tamén é culpa dos concellos, cando é competencia súa", subliñou.

Neste sentido, asegurou que a Xunta lle debe aos galegos "algo máis que facerlle pagar impostos cada día". Así, censurou que as medidas no ámbito da seca adoptadas por Augas de Galicia "só son recomendacións aos cidadáns de que consuman menos auga".

Nesta mesma liña, lamentou que concellos como Ribadavia "teñan que afrontar en soidade obras hidráulicas de captación de auga" ou que en Vigo Augas de Galicia "só deu recomendacións para que os cidadáns consuman menos auga".

"Hai que remangarse, tomar a responsabilidade dun Goberno deste país que require altura de miras e que require que se exerzan as competencias estatutarias nos incendios e a seca, que non ten perspectivas de mellorar nas próximas semanas", sentenciou o socialista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Remangado anda o Abel en Vigo ... non para de bailar ao son que lle tocan... Nadia Calviño celebra o Día de Galicia en Vigo o 12 de agosto... seica as medidas que tomou o goberno foron todas moi acertadas e xa imos camiño de de deixar a inflación atrás e o prezo da electricidade disque baixou moitísimo... Arremangados querían algúns, claro que o Alfonso Rueda segue o camiño de Feijoo: laissez faire, laissez passer... e a ver se chove ?