Vilagarcía vive a Festa da Auga máis polémica no medio dunha seca histórica

Regresou a choiva, a volta aos cubos e a ausencia de mangueiras.

Por Europa Press / Redacción | Vilagarcía de Arousa | 16/08/2022 | Actualizada ás 20:01

Comparte esta noticia

Vilagarcía de Arousa viviu este martes unha Festa da Auga marcada polo regreso das choivas, que contrasta co nivel de seca que afecta a parte do territorio galego e que obrigou a volver aos cubos e a prohibir o uso de mangueiras nesta tradicional celebración. Esta foi a edición máis polémica, polas restricións de auga que xa recomendan ou impoñen algúns concellos.

Asistentes gozan da Festa da auga, a 16 de agosto de 2022, en Vilagarcía de Arousa
Asistentes gozan da Festa da auga, a 16 de agosto de 2022, en Vilagarcía de Arousa | Fonte: Gustavo da Paz - Europa Press.

Foi un día de San Roque con numerosa afluencia de xente a esta localidade pontevedresa, aínda que "non houbo tanta como outros anos", precisamente polas condicións meteorolóxicas, segundo fontes de Protección Civil, que sinalaron que non se rexistraron incidencias de carácter grave, máis aló de cortes e outro tipo de contratempos leves. "Nada fóra do normal nestas datas", apuntan desde Protección Civil.

E é que os efectos da seca cambiaron este ano o guión dunha das festas populares destacadas en Galicia, a Festa da Auga de Vilagarcía de Arousa, que volveu á orixe cos cubos de auga pero despediuse das mangueiras de Praza de Galicia e en Conde Vallellano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta