O Concello de Santiago convoca axudas para asociacións pro-LGTBI e contra a violencia machista

Están dotadas cunha contía de 28.000€.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2022 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago de Compostela aprobou este mércores, nunha sesión extraordinaria de xunta de goberno local, a concesión de subvencións para fomentar as actividades a favor da igualdade efectiva do colectivo LGTBQI, así como de prevención e loita contra a violencia machista.

Segundo informaron, estas actividades contarán cunha contía total de máis de 28.000 euros. Esta cifra repartirase entre as 14 entidades locais ás que se destinan como máximo 2.500 euros a cada unha. As subvencións divídense en tres liñas de actuación.

A primeira liña está dirixida a programas e actividades de fomento de igualdade efectiva entre homes e mulleres. O obxectivo é apoiar a execución de actividades e desenvolver iniciativas que promovan a igualdade de xénero.

A segunda liña de actuación é para financiar os programas e actividades que fomentan a igual efectiva. Tamén, inclúense accións de sensibilización contra os estereotipos e prexuízos, así como as relacionadas coa promoción da visibilidade e a formalización dos dereitos do colectivo.

Finalmente, a terceira liña pon o foco nas iniciativas que contribúen á prevención das violencias machistas no municipio compostelán e apoia a posta en marcha e/ou o desenvolvemento de actividades que teñan como obxectivo crear unha cidade libre de violencias machistas.

Imaxe da fachada do Pazo de Raxoi. CONCELLO DE SANTIAGO
Imaxe da fachada do Pazo de Raxoi. CONCELLO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta