O estudantado deberá firmar "contratos de aprendizaxe" na universidade privada de Abanca

Así o recollen as normas de organización e funcionamento da institución que publica este xoves o DOG.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2022 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

A universidade privada de Abanca contará con "contratos de aprendizaxe" entre profesorado e estudantes co obxectivo de lograr "o máximo nivel de excelencia académica".

Así o recollen as normas de organización e funcionamento da institución que publica este xoves o Diario Oficial de Galicia (DOG), no apartado doutras disposicións, como unha corrección de erros, xa que o que establece é engadir como anexo ao xa publicado a semana pasada o texto das normas de organización e funcionamento.

Os contratos de aprendizaxe figuran neste texto como unha obrigación para o estudante, que terá que subscribilos co seu profesor e coa universidade "para cada unha das materias que recolla as súas obrigacións e dereitos".

Así mesmo, tamén aparece como unha obrigación para o profesorado, que deberá "subscribir co seu estudiantado e coa universidade un contrato que se denominará, a efectos internos, 'contrato de aprendizaxe', para cada unha das materias e programas de acordo coas normas establecidas polo consello reitor".

REGULAMENTO INTERNO

En concreto, o capítulo dedicado ao estudantado explicita que esta universidade aprobará un regulamento interno que recolla o estatuto do estudante, onde se regularán os aspectos académicos e de participación do alumnado, o réxime de dereitos e obrigacións, a disciplina académica e os aspectos relacionados coa permanencia.

No devandito regulamento preverase a existencia de "contratos de aprendizaxe" que manifesten o compromiso do estudante, do profesor e tamén da universidade en lograr o máximo nivel de excelencia académica. Entre outras cuestións, o DOG recolle un capítulo referido á comisión de participación universitaria e un título relativo ao réxime económico.

A Xunta Xeral de Accionistas de Abanca aproba o nomeamento de González-Páramo como novo conselleiro independente.. ABANCA
A Xunta Xeral de Accionistas de Abanca aproba o nomeamento de González-Páramo como novo conselleiro independente.. ABANCA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta