Temas: ADOS SANGUE

Só tres grupos sanguíneos se atopan en bo nivel en Galicia

ADOS chama a poboación galega a doar para poder facer fronte ás necesidades dos hospitais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2022 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

Só os grupos sanguíneos A negativo (A-), AB positivo (AB+) e AB negativo (AB-) se atopan nun nivel estable. Pola contra, son cinco os grupos que teñen un nivel normal, sen ningún con reservas escasas. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) chama s poboación galega a doar para poder facer fronte ás necesidades dos hospitais nas que se precise este elemento.

Desta forma, e co fin de ampliar a contribución cidadá, ADOS pon a disposición 10 unidades móbiles que percorrerán os concellos galegos desde o vindeiro luns 22 ata o sábado, 27 de agosto. Ademais, contan con sete puntos fixos de doazón nas principais cidades galegas.

Así, na provincia da Coruña estarán en: Miño; A Coruña; Porto do Son; Esteiro (Muros); Ares; Muxía, Santa Cristina (Oleiros); Negreira; O Pindo (Carnota); Ortigueira; O Burgo (Culleredo); Bergondo; Serra de Outes; Silleda; Fene; Padrón; Santiago (Praza Roxa); Mugardos; A Laracha; Cee e Rianxo.

A unidade móbil visitará os municipios lucenses de Friol; Guntín; Lourenzá; Monforte; Lugo; Sarria e Vilalba. Tamén na provincia ourensá se desprazarán á cidade de Ourense; Pobra de Trives; Celanova; O Barco de Valdeorras e Allariz.

En Pontevedra, durante a mesma semana estarán no Grove; Nigrán; Gondomar; Portas; Meis; Teis (Vigo); Gondomar; Barro; Carril; Vigo; Cambados; Salvaterra; A Estrada; Moaña e na Parroquia de Valladares (Vigo).

Campaña de doazón de sangue en Vigo. ADOS
Campaña de doazón de sangue en Vigo. ADOS | Fonte: Europa Press

Temas: ADOS SANGUE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta