Máis de 2.400 persoas recibiron formación en seguridade laboral no primeiro semestre de 2022

A Xunta levou a cabo diversas xornadas enfocadas principalmente na saúde dos traballadores, tamén en saúde mental; os riscos durante o embarazo e período de lactación ou as posibilidades tecnolóxicas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2022 | Actualizada ás 17:16

Comparte esta noticia

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), facilitou a formación de máis de 2.400 persoas durante o primeiro semestre do ano. Tal e como explican nun comunicado, o programa, desenvolvido polo Goberno galego mediate 33 accións, tiña como obxectivo atender as demandas e necesidades neste campo, así como dar resposta ás novidades técnicas e normativas.

A Administración levou a cabo diversas xornadas enfocadas principalmente na saúde dos traballadores, tamén en saúde mental; os riscos durante o embarazo e período de lactación ou as posibilidades tecnolóxicas --como o teletraballo--.

Estas actividades organizáronse en formato webinar, polo que asistiron máis de mil persoas de toda Galicia nun total de sete xornadas diferentes. O Issga tamén levou a cabo cursos presenciais para mellorar as condicións de seguridade e saúde no traballo, destinados a aqueles sectores con especial sinistralidade ou risco.

Avanzan que nos próximos meses continuarán as actividades que xa comezaron durante o primeiro semestre de 2022. Ademais, engadiranse novas accións foramtivas como un curso para a prevención de traballos con amianto coa celebración de oito edicións nos meses de setembro e outubro.

Teclado dun ordenador conectado a internet
Teclado dun ordenador conectado a internet | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta