Rosón repasou a historia e valores de Sargadelos para asegurar que "xustificaría a súa expropiación", co obxectivo de "garantir a súa continuidade" e "protexer as súas instalacións".
O prazo para obras que afecten ao BIC será máis flexible. Inspección de Traballo traslada aos sindicatos que descoñece o acordo entre o empresario e a Xunta para iniciar un estudo na fábrica.
A comunidade rexistrou 58 falecementos, cun repunte notable na pesca e un incremento da sinistralidade grave entre as mulleres
  comenta   0
Os traballadores denuncian que a "falta de limpeza industrial", as instalacións "obsoletas" e manobras de operación "que causan unha precariedade, penosidade e exposición a riscos nunca antes vista na fábrica".
  comenta   3
Segundo informou o sindicato CIG, o acordo alcanzado supón "unha mellora significativa a nivel de vacacións, tanto no número de días, como na súa retribución", establece a "interrupción das obras durante as vacacións de Nadal (do 23 de decembro ao 7 de xaneiro), e "achega unha solución xeneralizada para o cálculo das retencións que se lle aplican nas nóminas do persoal, cuestión que xeraba continuos problemas".
O avogado do maquinista argumenta que "a cuestión non era se podía ocorrer" o accidente senón cando, "sendo esta a mesma conclusión á que chega a xuíza"
  comenta   0
As vagas de calor continuadas fan que algúns sectores laborais estean máis expostos á sinistralidade laboral. O Goberno central quixo frear o risco que levaba traballar en horas centrais do día con temperaturas moi elevadas. Aínda así, as forzas sindicais denuncian que non se están cumprindo normativas en seguridade laboral e sectores como os estaleiros e outros que implican unha forte carga de estrés térmico para os e as traballadoras
  comenta   0
O conselleiro de Emprego, José González, incidiu en que "só garantindo" a saúde da poboación traballadora "é posible que as empresas sigan dando o mellor de si, sendo exemplos de competitividade e de rendibilidade"
  comenta   0
A provincia de Pontevedra leva rexistradas xa oito mortes relacionadas co lugar de traballo. O último deceso acontecía o día 8 de abril en Ponteareas. Con anterioridade un operario caera desde unha altura con resultado de morte e outro traballador morría nun accidente cunha pa mecánica. As causas das mortes no contexto do lugar de traballo son moi diversas mais tamén parece haber consenso en que non hai suficiente cultura da seguridade laboral.
  comenta   0
Os sindicatos de Inspección de Traballo desconvocaron a súa folga nin sequera pasadas as 48 horas do paro. Logo de anos esperando unha actualización nos postos de traballo, melloras tecnolóxicas e laborais, o Goberno decidiu dar marcha atrás cos compromisos acadados en conversas cos representantes laborais. O motivo, segundo fontes sindicais, era o temor do Executivo a que o resto da Función Pública reclamase melloras iguais durante o período electoral.
  comenta   0