O comité de Xeal denuncia "un novo intento de segregación encuberto" de actividades

O persoal lamenta o "desmantelamento progresivo" das fábricas e un recorte "drástico" da produción de postos de traballo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2022 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

O comité de Xeal denunciou "un novo intento de segregación encuberto" de actividades, ademais de "reiterados incumprimentos concesionais" por parte da empresa, o que provoca un "desmantelamento progresivo" das fábricas e un recorte "drástico" da produción de postos de traballo.

En comunicado, o comité subliña que a xeración de enerxía con centrais hidroeléctricas e a fabricación de ferroaleacións forman unha unidade produtiva única que é "unha obrigación legal". Apunta que, tras dous intentos errados de segregración, non autorizados e ratificados polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), afrontan "un novo intento de segregación encuberto coa venda entre o grupo Ferroatlántica e o fondo americano Sixth Street Partners e Ithaka". Todo iso co "consentimento ou silencio da Xunta de Galicia". "Este comité viuse na obrigación de demandar por vía penal", resalta.

Remarca que desde esta venda, en agosto de 2019 e coa constitución da nova sociedade Xeal, "a realidade é que a empresa nunca presentou un plan de viabilidade". Lamenta que actualmente só hai un forno en marcha en cada fábrica de Cee e Dumbría, "cunha perda de máis de 30 postos fixos e aproximadamente 80 eventuais". Igualmente, reproba que se "está atacando as condicións laborais nestes centros de traballos".

E neste contexto, indica que Xeal pretende "agora aumentar a produción eléctrica a través de dúas novas explotacións hidroeléctricas", "unha xa solicitada para o aproveitamento do caudal ecolóxicos do encoro de Santa Uxía", ao que o comité xa presentou alegacións.

Decenas de empregados de Xeal concentráronse ante o Edificio Administrativo de San Caetano para pedir á Xunta que reverta a titularidade da factoría
Decenas de empregados de Xeal concentráronse ante o Edificio Administrativo de San Caetano para pedir á Xunta que reverta a titularidade da factoría

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta