Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2022 | Actualizada ás 14:12
A patrulla do Seprona da GuardiaCivil de Cangas retirou este venres unha gaiola metálica que estaba camuflada no monte da parroquia de Paredes, no municipio pontevedrés de Vilaboa, "con fins cinexéticos prohibidos".
A gaiola, cuxa presenza foi detectada e advertida por varios socios da Comunidade de montes, segundo informa a Garda Civil nas súas redes sociais, tiña no seu interior unha bolsa con ósos a modo de cebo.
Lembran que estes métodos están prohibidos para a caza por tratarse de medios "non selectivos no referente á captura de animais" e que constitúe unha infracción moi grave segundo a Lei de Caza de Galicia. O Seprona abriu unha investigación para depurar responsabilidades.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.