O BNG alerta de que o Goberno podería poñer en risco a pesca por nasa cunha nova regulación

"A norma podería pretender que os pescadores retiren do mar as nasas dous días cada semana", advirte Rego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2022 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou iniciativas na Cámara para coñecer o estado actual da normativa que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e que vai afectar á regulación das nasas no mar. Rego demanda a rectificación inmediata da proposta do Executivo "por invadir competencias titularidade da Xunta de Galicia". "E ante a preocupación do sector pesqueiro galego pola prohibición de deixar as nasas caladas no mar", engade.

A organización nacionalista volve sinalar a necesidade de que se transfiran a totalidade das competencias en materia de costas á Administración galega, "tal e como vén de aprobar o Consello de Ministros para o Goberno canario". O BNG reprocha, ademais, que o Ministerio pretenda "establecer a prohibición de deixar caladas no mar as nasas e outras artes de pesca no Real Decreto polo que se regulará a pesca en caladoiros estatais".

"A normativa podería pretender que os pescadores retiren do mar as nasas que utilizan na campaña de captura do polbo durante dous días cada semana", advirte.

Arquivo - Np Bng Congreso 11 07 2022 Bng Solicita Impulso Proxecto Orbitaliño E Demanda Modificacion Para Preservar Formarís. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO - Arquivo
Arquivo - Np Bng Congreso 11 07 2022 Bng Solicita Impulso Proxecto Orbitaliño E Demanda Modificacion Para Preservar Formarís. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta