O delegado do Goberno busca que concellos e deputacións non perdan a oportunidade de dixitalizarse

José Miñones animounos a beneficiarse da axuda de 12 millóns de euros do Goberno asignada para este fin.

Por E.P. | A CORUÑA | 02/09/2022 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, animou a concellos e deputacións a beneficiarse da axuda de 12 millóns de euros por parte do Goberno para a dixitalización de entidades locais na comunidade autónoma galega. Fíxoo coincidindo cunha visita ao municipo de Cambre, un dos 16 concellos galegos que poden optar, xunto co catro deputacións, ás novas subvencións para a dixitalización das entidades locais.

Na convocatoria de 2022, o Ministerio de Política Territorial abre estas axudas para municipios de entre 20.000 e 50.000 habitantes e pon a disposición do territorio galego unha inxección económica de preto de doce millóns de euros. Miñones remarcou que o obxectivo é "inxectar 12 millóns do Fondo de Recuperación en Galicia para que as administracións locais faciliten as xestións á cidadanía, con propostas innovadoras que mellorarán a prestación dos servizos públicos".

No caso de Cambre, cuns 25.000 habitantes, o concello pode beneficiarse dunha axuda dun mínimo de 170.277 euros. Así llo trasladou ao alcalde, Óscar García Patiño, con quen Miñones mantivo unha reunión para supervisar os investimentos do Goberno no municipio e escoitar as súas demandas.

AXUDAS A EMPRESAS

Nesta mesma xornada, o delegado do Goberno instou a todas as empresas de Galicia que teñan entre tres e nove traballadores a solicitar as axudas que ofrece na súa segunda convocatoria o programa Kit Dixital, enmarcado no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno.

O prazo de presentación de solicitudes iniciouse este venres a través da sede electrónica de Rede.es, do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, e estará aberto durante doce meses.

O delegado do Goberno, José Miñones, xunto ao alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, nunha visita ao municipio. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
O delegado do Goberno, José Miñones, xunto ao alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, nunha visita ao municipio. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta