Vellez Digna denuncia que as residencias estanse convertendo en "cárceres" aproveitando os protocolos Covid

Esta entidade critica que non se permita a visita de familiares para evitar denuncias. Din que se utilizan os protocolos covid "segundo conveña a cada residencia".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/09/2022 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

A Asociación Galega De Familiares e Usuarios De Residencias Vellez Digna ven de solicitar, unha vez mais, a normalización das visitas nas residencias, único lugar no que se manteñen restricións do COVID e que, di, "vulnera os dereitos de familiares e usuarios a verse con normalidade".

Unha persoa na residencia 'Mi Casa' de Pazos de Borbén
Unha persoa na residencia 'Mi Casa' de Pazos de Borbén | Fonte: Vellez Digna

Nun comunicado lembra que, durante a pandemia se estableceron unha serie de limitacións e protocolos de prevención "que tiveron lóxica naquel momento", pero non agora. "As residencias presionaron para que se seguirán mantendo e a Xunta cedeu, como sempre, aos seus intereses".

Por iso, esixen o acceso sen cita previa e sen limite de tempo como se facía antes da pandemia, "adoptando, iso si, as  medidas preventivas necesarias, pero sen mais limitacións". Neste sentido, esta entidade lembra que a actual normativa deixa en mans das residencias a organización das visitas e "cada unha interpreta a norma según lle convén". "Parece que existise unha normativa por residencia, unas permiten media hora, outras unha, outras limitan aos que presentan queixas, unhas permiten a entrada nas habitacións e outras non".

"PARA QUE NON DENUNCIEN"

Vellez Digna sinala que hai casos de familiares que deben recorrer 2 horas en coche de ida e outras dúas de volta para unha visita de tan so 30 minutos. "Detrás desta crueldade non está, en absoluto, a intención de defendelos residentes ante o COVID, senón o interese das residencias de que os familiares vaian pouco por alí e de que non teñan visitas sorpresa de familiares, para que non poidan ver como os tratan e en consecuencia non denuncien", di. 

"Estanse a converter as residencias nunha especie de cárceres, cada vez con menos dereitos, lembramos que moitos morreron sen poderse despedir dos seus durante a pandemia e a día de hoxe moitos non poden gozar do contacto cos familiares, lembremos a urxencia deste asunto, porque o único que xa non lles queda é tempo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta