A CRMH estuda posibles medida legais na Coruña "ante o reiterado incumprimento" da Lei de Memoria Histórica

Pide quitar as distincións ao exalcalde e militar Peñamaría de Chairo polo seu papel na represión franquista

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/09/2022 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña reclamou á alcaldesa da Coruña "vontade política" para a retirada das distincines a Sergio Peñamaría de Chairo, militar e exalcalde herculino, pola súa participación na represión franquista.

Así o informou, en rolda de prensa, o seu presidente, Fernando Souto, despois de que a entidade entregase no rexistro municipal unha carta na que, ademais de facer un repaso sobre as iniciativas levadas a pleno e as actuacións por parte da Comisión, expón esta petición.

Nela, sostén que a cidadanía "contempla atónita" o que a CRMH considera "falta de vontade política para acabar coas distincións que aínda conserva Peñamaría de Chairo". Ademais, cualifica de "vergoñosa" que se lle manteñan e pide a retirada de cálea 'Alcalde Peñamaría de Chairo' e o retrato que hai del no consistorio. Por outra banda, no seu escrito asegura que están a estudar posibles medidas legais "ante o reiterado incumprimento" da Lei de Memoria Histórica.

"É unha decisión política", insistiu o presidente da CRMH da Coruña, en referencia á carta remitida á alcaldesa herculina. Ademais, dixo que non é "un tema da lei, senón de madurez democrática". Por outra banda, denunciou o "parón" que, ao seu xuízo, existe no concello coruñés en relación á retirada de simboloxía franquista.

Entre outras cuestións, e como se cita na carta, aludiu ao papel de Peñamaría de Chairo na represión franquista e, en concreto, na comarca de Valdeorras como tenente ao mando do I Terzo de III Bandeira da Lexión. A partir dos anos 40, formou parte como fiscal nos consellos de guerra realizados na ditadura, solicitando penas de morte en procesos realizados sen ningún tipo de garantías xurídicas, segundo a CRMH.

Cuestionado sobre o feito de que non se retire a simboloxía franquista, Souto vinculouno cunha cuestión de captación de votos, pero insistiu en que debe facerse para "cumprir a lei". "É un estándar democrático básico", expuxo tamén.

Sergio Peñamaría de Chairo - La Voz de Galicia
Sergio Peñamaría de Chairo - La Voz de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta