O comezo de curso tamén é difícil para os profesores: "Eu tamén estou nerviosa, teño que conquistalos"

As escolas galegas arrincaron, este xoves, un novo curso escolar no que a normalidade volveu ás aulas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2022 | Actualizada ás 16:11

Comparte esta noticia

As escolas galegas arrincaron, este xoves, un novo curso escolar no que a normalidade volveu ás aulas. Un comezo como o que moitos desexaban, poder abrazarse, compartir e, sobre todo, "coñecerse tal cal", sinalou, a profesora da aula de tres anos do CEIP San Roque de Corón, en Vilanova de Arousa, consultada por Europa Press.

No entanto, nesta xa 'nova normalidade', aínda quedan unhas pequenas pinceladas e normas implantadas co covid-19. Así, neste inicio víronse máscaras do alumnado que chegaba en transporte escolar, ventilación nas aulas e entradas graduadas nalgúns centros, que tamén contan con períodos de adaptación --non obrigatorios e a diferentes niveis-- para os máis pequenos.

Todos os comezos son difíciles e neste caso, non só para as nais, pais e os alumnos, senón tamén para os profesores. "Eu tamén estou nerviosa, teño que conquistalos", sinalou a profesora, consultada, de Infantil. Iso si, ante todo empezan "moi contentos" e celebraron que este ano "poden verse as caras, sorrirlles e esmagalos", sen dúbida, será un dos cambios "máis importantes" neste curso.

En Infantil incorpóranse máis de 51.700 alumnos en Galicia. Así as emocións estiveron revoltas entre, sorrisos, choros e ganas de "mamá e papá" que, na aula na que puido estar Europa Press, pronto cambiaron cun pouco de música, xogos e as sorpresas preparadas polos profesores.

Outra das vantaxes desta volta á normalidade é que agora, xa poden compartir materiais. "Toda a vida díxoselles que había que compartir os xoguetes e de súpeto todo era: non toques, non collas... era contra natura", lembrou a profesora.

Toda esta normalidade foi remarcada polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que como motivo do inicio de curso, na súa visita ao CEIP Mestre Rodríguez Xixerei, en Lavacolla, en Santiago de Compostela.

DIVERSIDADE DE OPINIÓNS E DÚBIDAS

Entre os máis de 310.000 alumnos que se suman ás aulas galegas desde Infantil a Bacharelato, as dúbidas e as diferentes opinións de como afrontar este novo curso, tamén se fixeron notar.

Os que empezan Primaria, tamén, viviron un novo cambio, e as opinións son moi diversas. Uns están "contentos por empezar no colexio dos maiores" e outros "algo tristes porque van botar de menos á súa profesora", sinalaron algúns nenos consultados por Europa Press.

Entre os máis veteranos, tamén hai nerviosismo e incerteza nesta volta. Alumnos de Bacharelato do IES A Basella da localidade pontevedresa de Vilanova de Arousa, consultados por Europa Press, afirmaron que están "nerviosos", xa que este ano enfrontaranse ás probas de acceso á universidade. Non só iso, moitos pensan nos compañeiros que terán na aula, os novos profesores e sobre todo "se están a elixir ben o que facer no futuro".

As mesmas sensacións repetíronse nas localidades galegas, que tamén notaron a afluencia de tráfico nunha mañá no que predomina o tempo anubrado, aínda que na capital galega, por exemplo, as intensas choivas dos últimos días deron unha tregua para a entrada nos colexios.

Alumnos xogan no patio do colexio o día que arrinca o curso escolar en Galicia, no CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela, a 8 de setembro de 2022, en Triacastela, Lugo, Galicia (España). O curso escolar 2022-2023 comezou en Galicia hoxe,. Carlos Castro - Europa Press
Alumnos xogan no patio do colexio o día que arrinca o curso escolar en Galicia, no CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela, a 8 de setembro de 2022, en Triacastela, Lugo, Galicia (España). O curso escolar 2022-2023 comezou en Galicia hoxe,. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta