A illa de Tambo "volve a ser da xente", sinalan desde a Deputación de Pontevedra

A presidenta provincial, Carmela Silva, cualificou ademais de "illa democrática" a Tambo e remarcou que se recuperou non só a posibilidade de acceder, senón tamén os avances para a súa recuperación e xestión ambiental e patrimonial.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2022 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

O Concello de Poio organizou este sábado unha visita institucional á Illa de Tambo, na que participaron a Deputación de Pontevedra e os municipios de Pontevedra, Marín, Bueu, Sanxenxo e Meaño, e na que a presidenta da entidade provincial, Carmela Silva, celebrou a "recuperación" da illa, "que volve ser da xente".

Todos se congratularon polo éxito das xestións para a desafectación do uso militar á recuperación desta contorna natural para a sociedade.

Silva cualificou ademais de "illa democrática" a Tambo e remarcou que se recuperou non só a posibilidade de acceder, senón tamén os avances para a súa recuperación e xestión ambiental e patrimonial.

"Construímos entre todos unha provincia baseada na mobilidade sustentable, na recuperación do medio ambiente, no turismo que nin destrúe a contorna nin dificulta a vida das persoas que residen aquí todo o ano; unha provincia referencia en loita pola Igualdade e na mellora dos equipos e servizos públicos", explica.

A presidenta concluíu que Tambo contribuirá, a partir de agora, a cubrir "a enorme demanda" de actividades e de interacción social que existe "tras a terrible pandemia sufrida".

Illa de Tambo, na ría de Pontevedra
Illa de Tambo, na ría de Pontevedra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta