Arde unha casa na Estrada durante a madrugada deste domingo

O aviso ao 112 chegou sobre as 01:30 horas deste domingo.

Por Galicia Confidencial | A Estrada | 18/09/2022 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

Un incendio calcinou por completo unha vivenda que se atopaba en proceso de rehabilitación na parroquia de San Martiño de Barbude, na localidade pontevedresa da Estrada.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Segundo trasladou o 112 Galicia, sobre as 01,30 horas deste domingo a central de emerxencias recibía o aviso deste incendio por parte dun particular, que sinalaba que se vía lume no tellado do inmoble.

Con esta información, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do GES da Estrada e dos Bombeiros do Deza, así como dos servizos sanitarios, a Garda Civil e Protección Civil do municipio. Ata o lugar tamén se desprazaron recursos de Medio Rural, que colaboraron na extinción do lume

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta