A Deputación de Lugo convoca os procesos para estabilizar 110 prazas de persoal temporal

Os perfís das prazas van desde administrativos, porteiro, condutor, enxeñeiro, persoal de biblioteca, economista ou peón.

Por E.P. | Lugo | 23/09/2022 | Actualizada ás 20:02

Comparte esta noticia

A Deputación de Lugo convocou todos os procesos selectivos necesarios para a estabilización de 110 prazas ocupadas ata o momento por persoal temporal, en cumprimento do disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

Pleno da Deputación de Lugo
Pleno da Deputación de Lugo | Fonte: DEPUTACIÓN DE LUGO.

Así, a xunta de goberno deste venres aprobou as bases xerais e específicas que rexerán os procesos selectivos para 88 prazas polo sistema de concurso de acceso libre, tras acordar hai unha semana as correspondentes a 22 prazas por concurso-oposición libre.

Os perfís das prazas aprobadas van desde administrativos, porteiro, condutor, deliñante, enxeñeiro, persoal de biblioteca, economista ou peón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta