A Garda Civil intervén unha "elevada cantidade de droga" no porto da Coruña

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2022 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

A Garda Civil interveu unha "elevada cantidade de droga" no buque 'Shandong Fu Yi', de bandeira hongkonesa, no marco dun operativo que se levou a cabo este sábado no porto da Coruña.

Segundo fontes do Instituto Armado, houbo unha "importante incautación de droga", "probablemente cocaína", aínda que non precisaron a cifra á espera de que se realice a pesada.

Fontes coñecedoras da investigación confirmaron a Europa Press que o amplo operativo se desenvolveu sobre as 16,00 horas e nel interviñeron, polo menos, mergulladores do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) e membros do equipo antidrogas.

O 'Shandong Fu Yi', que transporta gran, permanece atracado no porto coruñés desde a súa chegada este venres. Mentres, a Garda Civil investiga este achado e está pendente de pór toda a información e a mercadoría en coñecemento do xuíz.

Porto da Coruña
Porto da Coruña | Fonte: Marea Atlántica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta