Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2022 | Actualizada ás 18:09
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, atribuíu os problemas derivados nalgunhas das liñas de transporte escolar ao "período de axuste" que, ao seu xuízo, implicou o proceso de renovación do 50% das rutas acometido o pasado ano.
Román Rodríguez asegurou que "todos os anos adoita haber problemáticas concretas" nunha rede que dá servizo a 77.000 escolares.
Neste sentido, lembrou que o pasado ano tivo lugar a renovación da metade das rutas, o que aínda que exista un "período de axuste" que pode carrexar problemas "concretos" que, segundo o conselleiro, iranse solucionando a medida que avance o curso.
"Somos conscientes de que hai algúns que se deben corrixir. Tanto a Consellería de Educación como a de Infraestruturas (entre ambas xestionan o servizo), cando temos unha noticiación (dunha incidencia) do equipo directivo comunicámolo á empresa e abrimos as dilixencias necesarias", sinalou o máximo responsable da área educativa do Goberno galllego.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.