O atletismo volve a escena na Coruña co Campionato Xunta de Galicia de Maratón

Terá lugar este domingo, 2 de outubro.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Regresa a actividade competitiva de atletismo. Esta domingo, 2 de outubro, disputarase o Campionato Xunta de Galicia de Maratón individual e por clubs, que volve logo duns anos de ausencia e que coincide, ademais, coa celebración da IX Maratón Atlántica. 

Campionato Xunta de Galicia de Maratón
Campionato Xunta de Galicia de Maratón | Fonte: Federación Galega de Atletismo

Serán as rúas coruñesas, paralelamente á disputa da Maratón Atlántica e 10K, as encargadas de inscribir os nomes das gañadoras e gañadores ao palmarés deste evento para as categorías absoluta, sub23 e máster.

Do total dos 3.952 participantes que formarán parte a nivel xeral destas probas populares, máis dun cento disputarán oficialmente este Campionato Xunta de Galicia, que contará coa presenza da actual campioa galega absoluta Rosario Figueroa como clara aspirante a revalidar o seu título. Xunto a ela tamén estará a campioa da edición do ano 2019 Vanesa Rama na F40, así como Santiago Vázquez na M50 e José Pita na M60.

Por clubs, serán os vixentes campións Atletismo Fene en homes e Egovarros de Viveiro en mulleres quen pelexarán por reeditar o título logrado no ano 2019 sobre este mesmo escenario.

MELLORAS NO CIRCUÍTO

A carreira, que dará comezo ás 08.00 horas con saída desde Porta Real e chegada en María Pita, contará con algúns cambios en relación a edicións anteriores, de maneira que se inclúen novos trazados máis planos e céntricos que buscan facilitar a consecución de mellores rexistros.

ACTIVIDADES PARALELAS

O Concello da Coruña organiza de maneira paralela durante toda a fin de semana unha serie de actividades, entre as que destaca un ciclo de conferencias ou a Expo Running, que estará ubicada na zona de retirada de dorsais en Palexco.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta