A ministra Pilar Alegría asistirá á XI Festa Socialista en Oroso onde participarán máis de 2.500 militantes e simpatizantes

A festa empezará ás 13,00 horas do sábado coa actuación do grupo tradicional Os Argalleiros de Oroso, que amenizará a chegada dos asistentes ata o inicio do acto político, previsto para as 14,00 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2022 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

O PSdeG volverá celebrar este sábado o XI Festa Socialista de Galicia coa intervención do secretario xeral, Valentín González Formoso; o alcalde de Oroso, Luís Rey; e a ministra de Educación e portavoz do PSOE, Pilar Alegría. Estaba prevista a presenza do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, pero segue positivo en covid-19. O encontro reunirá a máis de 2.500 militantes e simpatizantes na área recreativa de Penateixa, en Sigüeiro --Oroso--.

"Recuperamos a Festa Socialista de Galicia que fora conebida por Antón Louro no ano 2001 para reafirmar a nosa identificación con Galicia", proclamou o secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage. Os socialistas galegos recuperan así a idea orixinal desta festa, para "mesturar a rica gastronomía coa fraternidade e os usos e costumes dos galegos".

O responsable socialista sinala que, na etapa de Touriño e Louro, consolidouse a Festa do PSdeG como momento de encontro da militancia galega. "Nesta nova etapa recuperamos ese compromiso co país, coa terra, coa nosa identidade e co orgullo de ser socialistas galegos", proclamou.

Lage trasladou o agradecemento á militancia por "facer posible esta gran festa do socialismo galego", coa que se recupera unha cita que a dirección do partido que encabeza Formoso prevé manter ano a ano para consolidar este evento como "punto de encontro".

PROGRAMA

A festa empezará ás 13,00 horas do sábado coa actuación do grupo tradicional Os Argalleiros de Oroso, que amenizará a chegada dos asistentes ata o inicio do acto político, previsto para as 14,00 horas.

A continuación, ao redor das 14,30 horas, terá lugar a comida, cun menú que, a 20 euros por militante, inclúe empanada, polbo, carne 'ao caldeiro' e as bebidas. Ás 17,00 horas, intervirá o actor e humorista Carlos Blanco, que ofrecerá un dos seus monólogos, antes da actuación musical da Banda de Nash.

A xornada contará, a partir das 16,00 horas e ata o fin da xornada, previsto para as 19,30 horas, con servizo de conciliación para os máis pequenos, con talleres recreativos, inchables e xogos varios.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, na Festa do Emigrante de Pol (Lugo). PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, na Festa do Emigrante de Pol (Lugo). PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta