Investigan en Santiago as bases xenéticas dos estímulos musicais cun concerto

Este primeiro concerto experimental a gran escala, 'Sensogenoma22', prevé analizar ao redor de 400 mostras biolóxicas, para avanzar na investigación que leva a cabo o grupo GenVip e GenPob do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela e a Real Filharmonía de Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2022 | Actualizada ás 20:27

Comparte esta noticia

O primeiro concerto no que música e ciencia se alían para investigar sobre as bases xenéticas do estímulo musical elixiu Santiago como escenario. O obxectivo é estudar o potencial terapéutico na loita contra a enfermidade.

En liña coas novas tendencias cara a medicina personalizada, o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela e a Real Filharmonía de Galicia colaboran para levar a cabo unha recollida de mostras biolóxicas a gran escala que busca "dar un paso máis" na investigación científica da sensoxenómica.

Este primeiro concerto experimental a gran escala, 'Sensogenoma22', prevé analizar ao redor de 400 mostras biolóxicas, para avanzar na investigación que leva a cabo o grupo GenVip e GenPob do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela e a Real Filharmonía de Galicia.

Mostras de saliva ou sangue poden resultar "decisivas" na investigación contra a enfermidade e por iso recolléronse antes e despois do concerto, co propósito de avaliar o impacto da música na expresión dos xenes.

OS RESPONSABLES

O investigador principal de Xenética en Biomedicina (GenPoB) e do GenVip é o catedrático da Facultade de Medicina da USC Antonio Salgas Ellacuriaga.

Tamén participan o profesor Federico Martinón Torres, investigador principal do Grupo GenVip e xefe do servizo de Pediatría do CHUS, a directora técnica da Real Filharmonía de Galicia, Sabela García Fonte, e o director do concerto, Baldur Bronimann.

A directora coreana Eun Sun Kim dirixe esta semana á Real Filharmonía de Galicia en Santiago e Vigo. REAL FILHARMONÍA DE GALICIA - Arquivo
A directora coreana Eun Sun Kim dirixe esta semana á Real Filharmonía de Galicia en Santiago e Vigo. REAL FILHARMONÍA DE GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta