Temas: DéBEDA

A débeda per cápita co Estado é de 1.405 euros por cada galego

Comunidade Valenciana e Cataluña son as comunidades autónomas con maior débeda.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/10/2022 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

A Comunidade Valenciana e Cataluña foron as dúas comunidades autónomas cunha maior débeda co Estado no ano 2020, tanto per cápita como en termos absolutos. No caso da primeira, ten unha débeda de 8.428 euros por habitante, mentres que Cataluña posúe unha débeda de 8.408 euros por cada cidadán catalán. Pola contra, Madrid saldou a súa débeda coa Administración Xeral e está a cero.

Billetes de euro nun feixe de diñeiro
Billetes de euro nun feixe de diñeiro | Fonte: EUROPA PRESS.

Así se desprende do informe que publicou Fedea este luns, que recolle a actualización das series de financiamento homoxéneo das comunidades autónomas de réxime común, que desvelou que a débeda das comunidades autónomas ao Estado ascendeu a 178.865 millóns de euros durante o exercicio de 2020.

Neste punto, Cataluña é o territorio que ten maior débeda co Estado en termos absolutos, máis de 63.615 millóns de euros no ano 2020. Séguelle a Comunidade Valenciana, con 41.931 millóns de euros. En termos absolutos, séguenlle Andalucía (25.794 millóns); Castela-A Mancha (11.238 millóns); Murcia (8.951 millóns); Baleares (5.226 millóns); Aragón (4.746 millóns); Galicia (3.795 millóns); Castela e León (3.725 millóns); Cantabria (2.979 millóns); Canarias (2.961 millóns); Estremadura (2.313 millóns); Asturias (1.115 millóns); A Rioxa (476 millóns) e por último Madrid, con cero.

Por habitante, a Comunidade Valenciana sitúase con máis débeda (8.428 euros per cápita), seguida de Cataluña (8.408 euros per cápita) e Murcia (6.015 euros per cápita). Tras estas están Castela-A Mancha (5.487,8 euros per cápita); Cantabria (5.121,7 euros per cápita); Baleares (4.316,3 euros per cápita); Aragón (3.565,3 euros per cápita); Andalucía (3.060 euros per cápita); Estremadura (2.186,2 euros per cápita); Castela e León (1.560 euros per cápita); A Rioxa (1.517 euros per cápita); Galicia (1.405 euros per cápita) e Asturias (1.091 euros per cápita).

Temas: DéBEDA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta