Por Europa Press / Redacción | Madrid | 03/10/2022 | Actualizada ás 18:39
O conselleiro delegado de Inditex, Óscar García Maceiras, recoñeceu que se viven "tempos complexos" pola actual situación internacional e a conxuntura económica, pero afirmou que o modelo de negocio da multinacional téxtil estça funcionando "a pleno rendemento".
"Obviamente, vivimos tempos complexos e son por todos coñecidas as incertezas e as dificultades que nos rodean. O noso modelo de negocio atópase a día de hoxe a pleno rendemento e cremos que vai ter un futuro. Aspiramos a seguir sendo unha empresa de moda que apela á emoción dos nosos clientes para ofrecerlles aquilo que desexan en todo momento", indicou o conselleiro delegado de Inditex durante a súa participación no Congreso Nacional de Empresa Familiar.
García Maceiras subliñou que Inditex pertence a un sector que "se atopa actualmente en plena transformación". "Unha transformación que aspiramos a seguir liderando cos nosos valores, que implican o emprendemento, a responsabilidade individual e a ansia de permanente mellora, ademais do noso ADN coa humildade, a prudencia e unha enorme ambición", recalcou.
Durante a súa presentación, García Maceiras puxo de manifesto a importancia da dixitalización e a omnicanalidade na compañía e a aposta tanto pola compra física como a 'en liña'. "É clave no noso modelo a integración entre as vendas en tenda física como 'en liña'. Hoxe podemos afirmar que non son dúas canles diferenciadas, senón que as plataformas 'en liña' son clave para a venda en tenda física. Así, un terzo das vendas por Internet recóllense nas físicas", explicou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.