Localizan deshidratado a 500 metros da súa casa o home con alzhéimer desaparecido o sábado en Carballo

Foi na parroquia de Verdillo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/10/2022 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

O home de 76 anos que permanecía desaparecido desde o sábado en Carballo foi localizado na tarde deste luns á altura do depósito de auga de Aseñado, a 500 metros da súa casa, na parroquia de Verdillo.

Luciano Bonometti, que faltaba do seu fogar desde hai dous días, foi encontradp por unha veciña que participa nas tarefas de procura, segundo confirmaron fontes da Garda Civil, corpo encargado da coordinación do dispositivo.

O home, que padece alzheimer, foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) cun cadro de deshidratación, ademais de padecer os efectos das inclemencias meteorolóxicas dos últimos días.

O 112 Galicia, segundo informa, tivo constancia do achado sobre as 16,45 horas da tarde, cando Protección Civil de Carballo solicitaba unha ambulancia para trasladalo ao hospital coruñés.

Procura desaparecido Carballo
Procura desaparecido Carballo | Fonte: SOS DESAPARECIDOS.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta