Os transportistas anuncian mobilizacións se son obrigados a desviarse pola N-120 en caso de neve en Pedrafita

A asociación AETRAM asegura que non van aceptar esta medida "de ningunha das maneiras".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2022 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

Os transportistas de Aetram ameazaron este mércores con emprender mobilizacións se se lles obriga a desviarse pola N-120, e ir ata O Barco de Valdeorras, para sortear Pedrafita do Cebreiro pola A-6 en caso de neve.

O presidente desta asociación do transporte de mercadorías por estrada de Lugo, Diego Arias, dixo que os que "coñecen o terreo" xa collen "a saída anterior a Pedrafita" en caso de risco de neve. "Subimos pola antiga N-6 e pasamos polo pobo de Pedrafita, que nos parece o máis razoable para o tipo de vehículos que levamos", explicou.

Diego Arias exemplificou esta situación indicando que, en "un día como hoxe", de choiva forte, no desvío realizado tras o afundimento do viaduto do Castro, "si por calquera motivo" fose necesario parar na subida, "xa non hai maneira de arrincar" os camións, e habería que "volver marcha atrás", o que é "impracticable".

En canto ao desvío proposto pola N-120 en caso de risco de neve, xa anticipou que no sector "non" o van a "aceptar de ningunha maneira". "De ningunha maneira imos dar a volta pola Nacional 120, tal e como están as cousas e os prezos dos carburantes", avisou.

O presidente de Aetram recalcou que "non se poden facer sesenta ou setenta quilómetros ao revés por unha estrada que non está transitable para estes vehículos" e advertiu de que haberá "mobilizacións".

O ter que optar pola N-120 suporía en cada viaxe "unha hora e media máis", dixo Diego Arias, "unha volta moi grande e un gasto para o camión moi elevado de combustible e de rodas, que agora mesmo non se pode asumir".

Varios camións nunha marcha á entrada de Ferrol, durante o décimo día de paro nacional de transportistas
Varios camións nunha marcha á entrada de Ferrol, durante o décimo día de paro nacional de transportistas | Fonte: Raúl Lomba - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta