Fisterra está farta do "falso ritual" dos peregrinos de queimar as súas botas cando chegan á localidade

Por iso, acaba de presentar unha campaña coa Asociación de Fabricantes de Calzado e Afíns de Zaragoza e Provincia para erradicalo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2022 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

A campaña 'Bo Camiño, mellor final' busca erradicar o "falso ritual" que seguen algúns peregrinos do Camiño de Santiago e que ao chegar a Fisterra queiman as botas que utilizaron e abandonan alí parte das súas roupas e aveños cos problemas que causan estas accións.

Segundo informou o Concello de Fisterra, esta campaña será presentada o este venres día 21 ás 11,00 no municipio coruñés. "O falso ritual provoca unha paraxe natural con aspecto de vertedoiro e ata é causa de incendios forestais", indicou a entidade pública local.

Así, esta campaña vai difundir diversos contidos a través de redes sociais e da páxina web de Aranda Terra de Calzado. Ademais, porán un colector no quilómetro 0 do Camiño, onde os peregrinos poderán desfacerse das súas botas e aveños "coa seguridade de que serán xestionados de maneira limpa e sustentable".

Desta forma, a iniciativa parte da Asociación de Fabricantes de Calzado e Afíns de Zaragoza e Provincia (Afcya) e xorde ao recibir unha subvención do Goberno de Aragón para a divulgación da súa actividade que decidiron empregar en erradicar esta práctica. Pola súa banda, o Concello de Fisterra "apoiou decididamente a iniciativa".

Un peregrino ao seu paso pola Vía Künig, a 15 de setembro de 2022, en Lugo / Carlos Castro - Europa Press / Europa Press / Europa Press
Un peregrino ao seu paso pola Vía Künig, a 15 de setembro de 2022, en Lugo / Carlos Castro - Europa Press / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta