A Xunta ve "sorpresiva" a aceptación do TS do recurso dos Franco polas estatuas do Pórtico

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2022 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, asegurou este xoves que a aceptación por parte do Tribunal Supremo do recurso de casación á sentenza polas estatuas do Pórtico da Gloria foi "sorpresiva" e admitiu que o grupo de expertos creado en 2020 en relación a esta cuestión traballa baixo a premisa de establecer un "novo preito" para reclamar á familia Franco a súa propiedade.

Lorenzo participou na Comisión 1ª do Parlamento para responder a unha pregunta formulada polo deputado nacionalista Luís Bará, sobre as accións previstas pola Xunta, en coordinación co Concello de Santiago, para a recuperación das estatuas de Abraham e Isaac.

Así, na súa intervención, Bará asegurou que este proceso é unha "anomalía democrática", na que "se constata que alguén roubou utilizando ao Estado" e é necesario "pelexar ante a xustiza para recuperar o roubado".

Bará lembrou que a querela xudicial iniciada polo Concello de Santiago no ano 2017 está agora no Tribunal Supremo, que aceptou o último recurso de casación municipal. Paralelamente, explicou, déronse pasos como a declaración BIC das pezas, un proceso que conflúe coa reclamación do Pazo de Meirás, no que están agora mesmo as esculturas.

Estatuas de Isaac e Abraham, obras do Mestre Mateo, en Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Estatuas de Isaac e Abraham, obras do Mestre Mateo, en Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta