O cemiterio de San Francisco, BIC da cidade de Ourense tanto polo seu alto valor arquitectónico como polas personaxes ilustres que están alí enterradas, degradase ano tras ano sen que ninguén faga nada por remedialo.
  comenta   0
O inmoble, declarado BIC, segue sen poder ser visitado. O Concello da Coruña di que presentará este ano a demanda para reclamar a propiedade.
O grupo socialista no Parlamento galego reclamou, na Comisión de Educación e Cultura, a elaboración dun informe sobre o cumprimento das visitas gratuítas a bens declarados como Ben de Interese Cultural (BIC) á Xunta, que, pola súa banda, destacou a súa apertura, en xeral, ao público.
  comenta   0
O alcalde remarca a súa preocupación polo inicio do expediente para declarar BIC a cheminea de central térmica, pois "a declaración como BIC significa que a cheminea vai ter unha área de cautela na que non vai ser posible crear novas empresas".
  comenta   0
Este programa conta cun orzamento de 850.000 euros, cos que se financiarán actuacións en circuítos megalíticos, petróglifos, campamentos romanos, mámoas, castros ou pecios.
  comenta   0
A partir de agora, a familia do dictador terá que protexer os obxectos que ten no seu interior e facilitar a visita pública catro veces ao mes. A alcaldesa, Inés Rey, impulsará os trámites para facerse coa propiedade.
O Parlamento demandou á Xunta que analice o caso da desaparición de dúas esculturas do mosteiro de San Lorenzo de Carboeiro co obxectivo de restituír estas pezas
  comenta   0
Os Franco volveron a pór á venda o inmoble, polo que o goberno local anunciou a súa intención de presentar unha demanda para a súa recuperación ao patrimonio público.
  comenta   0
A Federación de Asociacións da Ribeira Sacra ve un "atentado patrimonial" nas actuacións da Deputación de Ourense sobre a contorna do mosteiro.
  comenta   0
A administración quere converter o pazo nun espazo para o "entendemento", a "concordia" e nun "faro da igualdade" e o BNG acúsaa de "antimemoria".
  comenta   0
Inicia a súa declaración BIC porque "simboliza todo un conxunto excepcional na súa capacidade de produción eléctrica como na súa relación coa mina de lignitos e a súa historia de máis de cen anos".
  comenta   0
Foi construído en 1927 e é un exemplo único da industria da produción cerámica no Baixo Ulla.
  comenta   0
A portavoz do BNG, Ana Pontón, remarcou que hai máis de 30.000 alumnos nas escolas tradicionais, ao redor de mil profesores e, en conxunto, representa un movemento económico de ao redor de 6 millóns de euros.
  comenta   0
O edil socialista Iván Puentes presenta unha obra que ten por obxecto integrar o tránsito peonil e ciclista na cidade.
  comenta   0
Nos escritos de denuncia, ponse de relevo que hai "danos patrimoniais" a elementos artísticos, históricos e arqueolóxicos, así como danos ambientais, posto que afecta a decenas de árbores e á paisaxe da zona.
  comenta   0
Case 300 persoas berran contra a construción dunha nova construción que danaría o entorno paisaxístico e patrimonial de San Pedro de Rocas.
  comenta   0
As lousas presentan varios gravados abstractos "que se asemellan a figuras humanas esquematizadas".
  comenta   0
É unha construción da Idade Media que viviu as guerras pola independencia de Portugal.
Deron comezo a poucos días de celebrarse o xuízo e a pesares de que o mosteiro está protexido polas figuras BIC Paisaxe Cultural Ribeira Sacra e BIC San Pedro de Rocas.
  comenta   0
Desenvolveranse accións para mellorar a accesibilidade turística de bens como a Fortaleza de Monterrei, a Torre de Hércules e as illas Ons e Sálvora, pero non as Cíes.
  comenta   1
Este recoñecemento supón un réxime de máxima protección para estes volumes, entre os que hai algúns manuscritos dedicados polos autores a Pardo Bazán e literatura do Século de Ouro español, do século XIX e principios do XX, francesa e española e unha boa representación da literatura galega.
  comenta   0
O complexo de Adro Vello inclúe unha igrexa, unha vila romana e unha factoría de salgadura. Vén de ser declarado BIC pola Xunta.
  comenta   0