PSOE reclama á Xunta a aplicación da lei e a apertura do Castelo da Palma, pechado durante dous anos

O portavoz socialista acusa á Xunta de "mirar para outro lado" e ao goberno local do PP de "desidia e abandono" na renovación do convenio para visitas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/08/2024 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

O PSOE de Mugardos instou á Xunta de Galicia a "facer cumprir a lei" e abrir ao público o Castelo da Palma, declarado Ben de Interese Cultural pero que leva pechado dous anos.

O portavoz socialista nesta localidade, José Ángel Martínez, lamentou que "un verán máis, unha das xoias patrimoniais da comarca non puido ser visitada", e acusou á Xunta de "mirar para outro lado" e "non mover un dedo" para cumprir a lei de Patrimonio, que establece que os BIC deben abrirse ao público polo menos 4 días ao mes ou 48 ao ano.

Por iso, avanzou que o PSOE levará ao Parlamento de Galicia unha pregunta dirixida ao goberno de Alfonso Rueda sobre esta cuestión, e criticou tamén a "desidia e abandono" do goberno local do PP que, neses dous anos, non foi capaz de renovar o convenio, que caducou en 2022, cos propietarios para regular as visitas durante a tempada de verán.

"Ademais do seu importate valor patrimonial, o Castelo da Palma é un importante activo turístico para Mugardos, polo que instamos o alcalde a porse a traballar para que abra de novo as súas portas ao público", sinalou o portavoz do PSOE mugardés.

Castelo da Palma de Mugardos
Castelo da Palma de Mugardos | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta