Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 21/10/2022 | Actualizada ás 11:51
O exdiputado autonómico Xan Xove foi finalmente a única persoa que deu o paso na Marea Atlántica para liderar a candidatura nas as eleccións municipais de 2023 na cidade herculina.
Así o confirmaron fontes consultadas por Europa Press despois de que o prazo para formalizar a presentación de candidaturas terminase este xoves. O domingo saberase o nome das persoas nos primeiros postos, unha vez que se comprobe que todo está correcto.
Xan Xove confirmou por redes sociais a súa decisión de presentarse para encabezar a candidatura da Marea Atlántica, convido de que esta segue sendo "imprescindible para unha Coruña mellor".
Tamén para promover propostas ou outras xa impulsadas pola Marea, como a renda social municipal, "e máis nun momento duro como este de involución de crise climática e social onde os nosos dereitos cada vez ven máis recortados e cuestionados". A súa candidatura, ao coñecerse, tivo o apoio, entre outros, do ex rexedorXulio Ferreiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.