A Xunta regulará un período de proba para os funcionarios interinos

Será a través da lei de acompañamento e "por primeira vez".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2022 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

A lei de acompañamento aos orzamentos da Xunta para 2023 contempla "por primeira vez" a regulación dun período de proba para o primeiro nomeamento do persoal funcionario interino.

Segundo recolle a norma, que entrou este xoves no Parlamento xunto ás contas, esta regulación consta duns prazos "similares" aos establecidos tamén para o persoal laboral da Xunta. Tamén prevé as consecuencias en caso da súa "non superación".

En concreto, establece que o primeiro nomeamento como persoal funcionario interino nun determinado corpo, escala ou especialidade "estará suxeito a un período de proba". Dito período terá unha duración de tres meses para os corpos, escalas ou especialidades do Grupo A; dous meses para o grupo B e o subgrupo C1 e un mes para o subgrupo C2 e a agrupación profesional.

Entre outras cuestións relativas ao emprego público, a norma engade unha nova disposición adicional na lei deste colectivo en Galicia "contemplando unha modalidade específica de promoción do persoal laboral".

COMPENSACIÓNS ECONÓMICAS NO CES

Tamén a lei de acompañamento ás contas modifica a norma de creación do Consello Económico e Social (CES) para dotar de seguridade xurídica as compensacións que reciben os participantes.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, preside a reunión do Consello
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, preside a reunión do Consello | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta