O BNG cre que as mareas son “parte dunha estratexia política planificada”

A Executiva do BNG remitiu aos responsables comarcais unha circular interna na que explica como deben de proceder nas “asembleas abertas” que teñen realizado en numerosos concellos galegos. Entre os consellos que dan están os de da necesidade de articular unha candidatura nacionalista para acadar “a soberanía de Galiza coa instauración dunha República Galega independente”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/10/2014 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

“Fortalecer o nacionalismo galego e o BNG de cara ás eleccións municipais”, “chegar ao maior número posíbel de persoas para lles trasladar a necesidade dunha alternativa nacionalista na Galiza como a encarnada polo BNG” ou “confrontar o discurso demagóxico da unidade da esquerda” que propugnan algúns colectivos e partidos a través de movementos sociais como as mareas, son os obxectivos políticos que o Bloque quere acadar co proceso aberto nos espazos municipais e a través dos que esta formación se presentará os vindeiros comicios baixo as siglas “BNG-Asembleas Abertas”.

Executiva do BNG
Executiva do BNG | Fonte: bng-galiza.org

Así o explica a Executiva do BNG na circular número 71 que remitiu aos responsables comarcais desta formación o pasado 8 de setembro. Un escrito que ten coma fin “facilitar e promover a convocatoria de Asembleas Abertas, no marco do proceso 'Construíndo futuro', que está a impulsar o BNG” e cuxa primeira fase rematou estes días.

Nesta circular, á que tivo acceso GC e que se pode consultar íntegramente, os nacionalistas apostan por contactar con máis persoas e líderes sociais para “atraelos, seducilos e convencelos”. “Se nós non o facemos, outros o farán”, apunta.

Neste proceso, un dos seus principais obxectivos polítcos é tentar contrarestar os movementos cidadáns que se nuclean a través das chamadas mareas ou outros procesos cidadáns. “As asembleas serán unha boa oportunidade para esclarecer, de xeito didáctico e elegante, as dúbidas que terán moitos participantes a respecto de iniciativas como a das “mareas” ou “frontes amplas”, apunta o escrito.

Esas iniciativas forman parte dunha estratexia política planificada, non dun espontaneísmo social. En moitos casos, mesmo magnificadas desde o poder e os medios de comunicación. Non se trata só de desprazar ao PP, senón de construír unha alternativa solvente ao servizo das clases populares do noso país. Somos nacionalistas, e Galiza contará cunha alternativa propia, nacionalista, nas eleccións”, engade o escrito.

De feito, os nacionalistas van máis alá e din que a posibilidade de disputarlle ao PP o control das deputacións “mesmo para as disolver”, como propón esta formación, pasa por articular candidaturas cunha única marca electoral. “O contrario (proliferación de “mareas”, por exemplo) só beneficia ao PP, que aínda obtendo peores resultados electorais, mantería a súa hexemonía ao non computar votos de opcións diferentes nun mesmo partido xudicial”, sinala.

Os nacionalistas tamén insisten en que estes procesos teñen que ser dirixidos a persoas e non a organizacións políticas e que neles hai que valorizar o traballo político do BNG durante máis de 30 anos. “O procedemento é moi importante. Nalgunhas localidades xa se viñan facendo asembleas abertas. O que cómpre agora é sistematizar ese traballo, poñelo en valor e publicitalo”, engade.

Tamén insiste en que non hai que ter “nin medo nin cobardía”, senón “determinación para traballar na sociedade, abrir discurso nacionalista e chegar a novos sectores”. “Enriquecer as candidaturas do BNG con persoas proclives e introducidas socialmente que nos interese incorporar”, suliña. Con todo, a circular aclara que as asembleas abertas non van elaborar as listas. “Serán, como sempre, as asembleas locais do BNG”, engade ao restarlle protagonismo a estas asembleas.

Entre os principais principios programáticos que o BNG propón para que sexan asumidos por esas asembleas están os de “situar Galiza, o pobo galego, como punto de referencia político, tanto do punto de vista organizativo, como social e institucional, isto é, a necesidade dunha alternativa nacionalista, da autoorganización”, “defender a existencia do pobo galego e expresa a súa vontade política en todas as ordes” e “exercer unha política soberana, para precisamente conquistar a soberanía de Galiza coa instauración dunha República Galega independente.

De feito, a circular considera a soberanía unha condición “necesaria para ter dereito a producir, a traballar na Nosa Terra, normalizar a lingua e cultura propias, e unha relación en pé de igualdade entre pobos e nacións. En definitiva, rematar coa dependencia e a subordinación”.

Os argumentos

A dirección do BNG tamén explica como debe de ser este proceso de asembleas abertas. “Debe ser amábel, de escoita activa, procurando a empatía coas persoas asistentes”. Entre os puntos a expor están que o Bloque xa puxo en marcha, “xunto con persoas vinculadas a diferentes movementos sociais, veciñais, culturais e do tecido asociativo de base”, un proceso de debate e contraste social, que se vai desenvolver localidade a localidade “como espazo de diálogo e participación aberto”.

Ese proceso de conformación de cadidaturas ten que facerse, segundo os nacionalistas, “non a partir de abstraccións ou retóricas baleiras, senón desde a honestidade do recoñecemento das diferentes posicións e a procura do acordo nos contidos”. Para o BNG eses contidos, e máis aínda no contexto político aberto, “son a defensa dos dereitos nacionais e sociais e o principio de autoorganización, é dicir, a construción da unidade arredor do desenvolvemento de políticas confrontadas co actual marco do Estado español e da UE, o recoñecemento do dereito a decidir para o pobo galego e unha práctica coherente neste sentido en organizacións galegas e soberanas, isto é, non dependentes de centros de decisión de fóra de Galiza”. 

Ademais, esta formación insiste en que, desde o punto de vista democrático “non é aceitábel impedir que exista unha alternativa nacionalista”. “O dereito a decidir non é só unha cuestión persoal, senón tamén colectiva. Somos un pobo, e temos dereito a reclamar a súa existencia tamén na práctica”, engade ao tempo que suliña que os problemas de Galiza non se resolven no esquema simplificado dereita esquerda, “senón poñendo fin á dependencia económica e á subordinación política do noso país”. 

Na circular tamén se fala da “previsíbel reforma electoral promovida polo PP” para outorgar a alcaldía á candidatura que obteña o 40% dos votos. “Hai quen cre”, apunta, que este é un argumento que debe provocar a unidade da esquerda para estar en condicións de disputarlle alcaldías ao PP. “En primeiro lugar: non coñecemos nin existe aínda ningún texto ou proxecto de lei sobre este tema. E o segundo: iso implicaría organizar candidaturas incluíndo ao PSOE, alicerce xunto co PP do actual réxime político podre. O BNG non está por ese labor”, sinala.

Este é o documento completo no que se dan claves sobre “a quen convocar” e “que trasladar” nesas asembleas, así como o “traballo previo de cada Asemblea Local/Consello Local”, sobre o desenvolvemento desas asembleas abertas, os argumentos do BNG e os obxectivos políticos do proceso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 52 comentarios

32 Indiñado

Se as asembleas abertas non poden mudar liña política nin elexir candidatos para que sirven? Vaia fraude :D :D :D :D

31 Abankia No Riega

Otro concejal del AGE detenido. Este por acoso y abuso sexual http://www.lavozdegalicia.es/notici...

1 Comunista

A ver se o Paco Zarzuelas lles dí dunha vez os seus trolls autómatas a soldo que AGE só existe en Galiza. Tanto falar de "auto-organización" e teñen que saír de Galiza para atopar casos de corrupción que non leven os selo do PPdeG, PsoEdeG ou BNdeG.

2 pececitos mareados

Que máis da si é do AGE, do IU, do EU, da Chunta, da marea, do PCE, do plural, de Izquierda Xunida, da esquerra unida ou da esquerda unidad. Sonvos todas marcas brancas da Bankia e teñen delincuentes sexuais dentro.

30 Spidercan

Non é suficiente. Nin sequera sei si é necesario o apelido que puxestes ao BNG. Sei que non da para moito, mal que me pese. Dígovolo en serio, ou cambia sustancialmente o BNG, nome incluido, para se abrir á sociedade ou a cadea estrágase. Dade unha volta por aí adiante e veredes que non hai moito onde rascar. Queredes colher aos xóvenes descontentos coa sociedade porque agora os pais mercan cacao de mercadona e antes mercaban cola-cao? O galego esmorece a pasos axigantados. Tento falar en galego, e falo de mín, e non atopo palabras no meu idioma para me expresar porque a lingua está nas últimas. É moi tarde xa para tentar ir por un so caminho. Tedes que explorar máis. Estou contra a violencia. Pero os axudo humanamente. Non son de extrema esquerda pero leo "diarioliberdade" e todos os xornais dixitais que hai galeguistas. Tedes que explorar varios vieiros e non só un.

29 Piricoto

En Ferrol, a pesar de que as bases do BNG apostaban por Mercedes Tobío, o dedo infalible de Paco Zarzuelas impuxo ao fillo de Helia Rico como candidato á Alcaldía. Por moito que lle chamen BNG-Asembleas Abertas, as listas e, sobre todo, os/as cabezas de lista e os postos con posibilidades de obter representación, que en Ferrol redúcense ao cabeza de lista, os decide o DEDO INFALIBLE da súa eminencia o Papa Negro: Paco Zarzuelas

28 estalinista radical

Xa estou farto de progres, de porretas perroflautas, de nacionalistas de salón que viven de costas ao pobo e participan dos negocios do burgués de Madrid, Barcelona ou Bruxelas; de cosmopolitistas que se poñen o disfarce de internacionalistas namentres comen en McLixo xustificando o globalismo político e económico ao seu xeito, de xente que quere pillar cacho nas institucións e fai oposoción somente difamando ao contrario para conseguir entrar no chiringuito, de cibervoluntarios adeptos do réxime que buscan enchufe nalgún choio. A progresía é a lacra do nacionalismo galego, do socialismo e do sentido común, por algo é o propio sistema quen lle dá difusión.