Un perigo ao volante: 35.801 persoas en Galicia conducen por baixo do límite visual esixido por lei

Os condutores profesionais coidan máis da súa visión que a poboación media.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

35.801 persoas en Galicia conducen por baixo do límite visual esixido por lei, e é entre os maiores de 65 onde se detectan máis problemas de saúde visual, aínda que o seu cociente de accidentabilidade é menor. Son conclusións do estudo 'O estado da visión dos condutores en España 2022', presentado pola asociación Visión y Vida, en colaboración con Correos Express.

Estrada, Tráfico, Coches, Autovía, DXT, Circulación
Estrada, Tráfico, Coches, Autovía, DXT, Circulación

Neste informe tamén se sinala que os condutores profesionais teñen unha mellor visión que a media estatal e que coidan mellor a súa saúde visual, dado que esta é imprescindible no seu traballo. Con todo, entre os condutores non profesionais, segue habendo casos de falta de conciencia sobre a importancia da visión ao volante. O estudo (case 1.700 test visuais rexistrados), naceu da campaña 'Eu non son un lince', que revisou durante o verán a visión a miles de condutores usuarios e profesionais do Estado. 

"Co informe demóstrase que o estado da visión mellorou lixeiramente desde 2017. Cremos que tantos anos realizando campañas informativas e de concienciación axúdanos a que cada vez haxa máis conciencia sobre o coidado da visión e a importancia que esta ten na condución?", explican dende a asociación. Con todo, segue existindo espazo de mellora: "do total da mostra vemos que un 16,4% do total cre que non ten boa visión, pero segue conducindo".

Así mesmo, o estudo confirma a relación existente entre sinistralidade e mala visión, de maneira que aquelas persoas que teñan unha agudeza visual inferior a 0,4 teñan até tres veces máis accidentes. "Agora, en 2022, sabemos que aqueles que rexistraron nos últimos tres anos partes á súa aseguradora teñen peor visión. Percíbese nos peores resultados obtidos no relativo a campo visual, agudeza, sensibilidade ao contraste e maior uso de equipamentos ópticos", explica. 

Ademais, este estudo analiza por primeira vez o estado da visión dos condutores profesionais, entre os que se inclúen condutores de coche, furgoneta, tráiler e autobuses, así como riders, moteiros e taxistas. Aínda que se trata dunha análise preliminar que será ampliada en 2023,

detéctase que este segmento de condutores profesionais ten mellor visión que os condutores non profesionais. A pesar de que conducen máis horas, e gran parte delas en condicións de baixa iluminación, a súa accidentabilidade é só un 7,3% máis. Ademais, ofrecen mellores resultados no relativo a campo visual, visión en 3D, sensibilidade ao contraste e menor uso de lentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta