As piscinas do parque acuático de Monterrei, en Pereiro, abrirán antes do verán de 2023 segundo a Xunta

Trátase dunha obra que se retomará "canto antes" tras levar paralizada case dous anos pola crise de materiais, tal e como xustificou o mandatario galego. Por tanto, se non é posible abrilas antes do verán, "significaría esperar un ano máis".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2022 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

O Goberno galego acordou este xoves a contratación polo procedemento de urxencia das obras da primeira fase do parque acuático de Monterrei, en Pereiro de Aguiar, co obxectivo de que as piscinas do complexo estean abertas antes do verán de 2023.

Así o avanzou tras a reunión do Consello deste xoves o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen detallou que este contrato, por un importe de máis de 5,7 millóns de euros, terá un prazo de execución dun oito meses.

Trátase dunha obra que se retomará "canto antes" tras levar paralizada case dous anos pola crise de materiais, tal e como xustificou o mandatario galego. Por tanto, se non é posible abrilas antes do verán, "significaría esperar un ano máis".

En total, a reforma do complexo lúdico-deportivo de Monterrei, aberto no ano 1985, contará cun orzamento total de 10 millóns de euros cofinanciados ao 50 por cento entre a Xunta e a Deputación de Ourense.

A zona deportiva xa foi inaugurada en marzo de 2021, tras unhas obras que custaron máis dun millón de euros para executar unha pista polideportiva, canchas de tenis e pádel, un circuíto de 'cros' e unha pista de 'pump track'.

O novo contrato que agora sairá a licitación, despois de que se resolvese o anterior pola crise de materiais, inclúe a creación dunha nova zona de acceso á parcela e un aparcadoiro, unha área de administración oficinas, espazos abertos, prazas e sendas peonís, unha nova zona de xogos actuáticos infantís e a finalización da renovación das piscinas actuais aproveitando os vasos xa existentes, entre outras actuacións.

DEPURADORA DE SADA

Por outra banda, o Consello da Xunta autorizou este xoves a contratación das obras para ampliar a estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Sada, que suporá un desembolso autonómico de 10,3 millóns de euros.

Precisamente, a reunión do Goberno galego da semana pasada autorizara a firma do convenio de colaboración co Concello.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, tras a reunión do Consello. Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, 03/11/22.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, tras a reunión do Consello. Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, 03/11/22.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta