A Xunta anuncia bonificacións en peaxes autonómicas de 4,7 millóns para o vindeiro ano

O BNG fala de "propaganda" e o PSdeG lamenta o "atraso" de anos en infraestruturas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2022 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

A Xunta destinará o próximo ano 4,8 millóns de euros ás bonificacións e conxelación das peaxes das autoestradas autonómicas, A Coruña- Carballo (AG-55) e Vigo-Baiona (AG-57), o que beneficiará, segundo os seus cálculos, a 26.500 usuarios cada día.

Así o apuntou, na súa comparecencia na comisión de economía do Parlamento, o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, durante a presentación dos orzamentos do departamento.

Por parte da oposición, o PSdeG lamentou que actuacións en materia de vías de alta capacidade acumulan un "atraso" de anos e o BNG atribuíu "propaganda" á intervención de Menéndez, a quen recriminou unha "diminución" nos orzamentos.

(Haberá ampliación)

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez. XUNTA
O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta