Atrasos nos aerportos galegos pola entrada non contralada de restos dun obxecto espacial chinés

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 04/11/2022 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

O peche parcial do espazo aéreo nalgunhas zonas de España ante a entrada non controlada de restos dun obxecto espacial chinés provocou algúns atrasos nos aeroportos galegos, aínda que non se rexistrou ningunha cancelación.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes de Aena, en total ata agora oito voos con saída desde algunha das terminais galegas foron atrasados entre 30 minutos e unha hora e media.

En concreto, tres voos que partían da Coruña cara a Madrid (2) e Barcelona (1) foron atrasados, así como outro tres avións que partían de Vigo, tamén a Madrid (2) e Barcelona (1). A eles hai que sumarlle dous voos con destino Madrid e Málaga que saían de Santiago.

Con todo, as mesmas fontes informaron de que non se tivo que cancelar ningún voo por estas circunstancias, que comezaron a partir do nove da mañá, cando se tivo constancia do paso polo espazo aéreo español do obxecto espacial chinés CZ-5B.

Satélite Sentinel 2. ESE - Arquivo
Satélite Sentinel 2. ESE - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta